Hoxe, diríxome ao concelleiro de urbanismo para reclamarlle
as poucas infraestructuras urbanas que hai na nosa cidade e o mal estado de algunhas
delas. Exemplo disto observámolos cando nos comparamos con outras cidades de
esta mesma Comunidade Autónoma como son A Coruña ou a mesma Pontevedra.
Infraestructuras como os diferentes postos de bicicletas que
hai na cidade, os cales se encontran a gran mayoría en mal estado. Unha das
ideas para solucionar o problema é realizar un lugar cuberto onde as bicicletas
non estén soportando as condicións climáticas que son un dos factores polo que se
deterioran.
Para respaldar esta carta explícovos un exemplo, que lle
sucedeu a unha veciña de Ourense , que
mentres paseaba polo camiño colindante ao río sufriu un acidente debido ao mal
estado dos frenos da bicicleta e ademáis o camiño especificado non se
encontraba valado co cal era fácil caer ao río.
Outra queixa, vai dirixida a falta de infraestructuras
públicas no barrio de Vistahermosa, infraestructuras públicas como son as
piscinas públicas, parques ou zonas deportivas, que as que hai son privadas e
só se poden utilizar reservándoas para adestramentos, polo que si non tes un
equipo de fútbol non podes aceder a o seu uso.
Así se fai ti segue loitando para que fagan algo de proveito en Vistahermosa que a teñen esquecida
ResponderEliminar