BENVIDOS


" O novo reto é unha educación de calidade onde o neno non teña que traballar máis senón facelo de forma distinta"

viernes, 13 de diciembre de 2013

Atención Educativa : Cartel publicitario

No primeiro catrimestre do curso 2013-2014 en Atención Educativa fixen un cartel para a operación quilo, unha actividade na que colaboramos con persoas que non dispoñen de recursos ou economía para poder obter alimento.
Na operación quilo, búscase a colaboración de alimentos dunha longa data de caducidade, é dicir, non precedeiros. No meu cartel publicitario podíase apreciar un home levantando pesas cunhas bolsas que levan un quilo de comida, e ao redor aprécianse diversidade de alimentos (precedeiros, ya que case todas as latas eran "de marca", aínda que a idea de levar alimentos para a operación quilo mantense).


miércoles, 20 de noviembre de 2013

Hoxe os alumnos /as  de 3º ESO e 4ºC foron a visitar Galiciencia esperamos que nos contedes que tal a visita e que foi o que máis vos sorprendeu.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Taller de fotografía: Auga


Data 22 Febreiro, Lugar Parque Barbaña

Foto moi bonita da auga co sol de fondo. Fai un efecto moi guai

Taller fotografía: "Outono"

Data 26 Octubre, Lugar Parque Barbaña

Unha foto moi bonita que mostra o paso do outono no parque do Couto ''Barbaña''

2º cuatrimestre 2012-2013

Este cuatrimestre fixemos moitas cousas divertidas e a veces non tanto. En atención educativa fixemos cos compañeiros o lipdub, preparando a caixa e os carteis. Para ver como tiñamos que facer o lipdub veu un profesor chamado Jose, que tamén nos deu clases de audiovisuais. Fixen un taller de matemáticas no que tiña que resolver problemas de lóxica, e Pili díxome que era o que máis rápido co facía. Aínda que non fun moito a este taller porque tiña moitos exames divertinme moito.

Prólogo "Cuando Hitler robó el conejo rosa"


Querido lector, esta obra literaria ocorre na época do nazismo onde gobernada Hitler, de 1933 a 1945: está basada en feitos reais.
Adolf Hitler foi un dictador alemán, causante da defunción de 17.000.000 personas, dos cales 6.000.000 eran xudíos e entre 500.000 e 1.500.000 xitanos, todo isto unha proba de que predominaba o racismo.
Regresar ao nazismo sería unha idea destructiva para o noso continente e arredores e a cultura estranxera, causando a súa morte e moi posiblemente a nosa.
Aquí temos un relato de Judith Kerr, que nos mostra a tráxica historia dunha familia que ten que desafiar á vida tratando de fuxir deste tirano, Adolf Hitler...

Experiencia con el lipdub

Foi un proxecto bastante divertido por varias razóns. A min gustoume moito por eses motivos que vou explicar ahora. O mais importante era que perdiamos clase todos os días que ensaiabamos. Foi un pequeno descanso das clases antes dos examenes do último trimestre. Logo gustoume a idea de promocionar este centro, que ainda que os profesores non sexan os mellores pode ser un gran centro. Tamen me gustou moito cando os profesores tiveron que bailar cun papel de xubilación rexeitada. Pareceume moi gracioso porque é unha crítica a realidade que se esta vivido en España. Eu non fixen unha gran aparición ainda que aparezco moito na primeira parte. Ainda que poderia sairmos mellor se houbésemos practicado mais tempo ou mellor.
Gustoume moito.

Curso 2013-2014

No presente curso imos levar a cabo proxectos de gran interese que esperamos encontra a forma de poder compartir convosco.
De momento estamos en plena organización é funcionamento
As tarefas estarán distribuidas do seguinte xeito no 1º trimestre:
1º ESO: Atención educativa : Taller de solidaridade e Tolerancia. Están dibididos en dous grupos un grupo faise cargo de operación Kilo e o outro dos tapóns. introducimos os nosos alumnos/as no mundo da publicidades.
            Taller de lingua castelá onde os alumnos/as Lucia e Hector de 1º D farán unha entrevista que posteriormente publicaremos por este canal.

2º ESO : Atención educativa: taller de fotografía onde ademais de adquirir pequenos conceptos da fotografía acercaremonos a certos coñecentos coma o funcionamento dunha cámara estenopeica.

             Lingua Galega: Dani fará un texto en galego que será enviado a un concurso, non poderemos publicar a sua historia ata que teñamos o veredicto do xurado.

3º ESO: Atención educativa. David e Miguel serán os encargados de facer os anuncios publicitarios sobre a operación Kilo. Prepararán as cuñas para a Radio
           
              Lingua Castelá: taller de lengua entrevista que será publicada.

MÉRCORES TARDE: Documental sobre as termas.
                                     Estación Metereolóxica
                                     Trueque
                                      Iniciación o mundo empresarial
                                      Saidas: cine independente


lunes, 27 de mayo de 2013

Fin do segundo cuatrimestre

As horas de atención educativa, igual que a dos mércores a tarde, foron dedicadas na sua totalidade a o lipdub.

1ºB Dani fixo a primeira parte do taller de matemáticas do programa de altas. Téñolle que dar a enhoraboa porque deu resposta ao enigma de einstein en menos de trinta minutos, resolveu tangran complicados e  outros enigmas matemáticos, ademais de xogos lóxico - matemáticos. Do libro "cuentos y matemáticas" fixemos " Manuel el arriero" .

 Con 2ºA  rematamos a primeira parte do taller de matemáticas, entre os diferentes enigmas estaba o de einstein e tamen fixemos xogos matemáticos e comezamos co "Diablo dos números".

No taller de lingua castelá decidín que lésemos " Cuando Hitler robó el conejo rosa" e logo fixeran un prólogo sobre o nacismo, fumos lentos na lectura e iso fixo que o prólogo non esté o traballado que desexaba. Felicito a Carla porque foi a máis predisposta na tarefa.

4ºESO C estivemos facendo un lim no taller de informatica e traballando con diferentes programas de montaxes de video.

Moitas gracias polo voso traballo

Fin do taller de audiovisuais

O Mércores  vintenove de maio do 2013 daremos por rematado o taller de audiovisuais.

Ainda que o comezo do taller tiñamos como fin facer un LIPDUB o final será unha montaxe.

A todos os grupos que participaron moitas gracias polo voso esforzo, sobre todo os de 2º de Bach que estaban en plena recta final cos exames.As vosas coreos foron incribles, xeniais pero os problemas técnicos foron o noso peor enemigo.

Próximamente publicarémolo video, Estamos intentando facer que a montaxe  faga xustiza a todo o voso traballo.

Saudos

jueves, 25 de abril de 2013

Datas Taller de audiovisuais

Tras moitos cambiosn creo que podemos falar de datas definitivas:

- Mércores 24 de abril, as 10:45, ensaio coreografía grupal
- Luns 29 e martes 30, as 10:45 ensaio xeral
- Martes 7 de maio, de 10.45 a 12:30 Gravamos noso lipdub

Queda todavía moito traballo por facer así que ¡ Ánimo!

miércoles, 6 de febrero de 2013

Audiovisuais

O curso de audiovisuais comezará o mércores 20 de febreiro, será impartido por un especialista no tema, Jose Mª Gª Campo. 
No proxecto final  contaremos ca participación de gran parte da comunidade educativa. Recordade que é un segredo, de momento.
Esperemos aprender moito  e  divertirnos durante todo o curso é no proxecto.

jueves, 31 de enero de 2013

Entroido 2013

O próximo venres, oito de Febreiro celebrarase o entroido no noso instituto. Deséxovos que todos o disfrutedes
Se  tendes algunha foto ou comentario sobre o entroido non dudes en compartilo con nos.
BO ENTROIDO¡¡¡¡

Día da paz 2013

Onte fixen unha proposta a algúns dos vosos mestres, que vos pediran que escribirades frases sobre a paz.
Aquí van algunhas delas
¡ gracias os mestres e alumnos/as que colaboraron¡

1º A2 Paula Diaz Barreiro escribiu

Este día especial,                                          se queres conquistar
servenos para recordar                                  un lugar
que na guerra                                                 faino con
non hai vencedor                                                 PAZ
só hai perdedor                                               non con guerra

Só recordar,
decirlle ao militar
que se meta na pel
dos mortos en Arxel
nenos e nenas,
que non vivirán máis

Neste día,
recorda que,
cando a bomba
mata,
o mundo chora

miércoles, 30 de enero de 2013

1º cuatrimestre curso 2012-2013

Boas¡¡

Finaliza o primeiro cuatrimestre. Próximamente podernase ver as tarefas de este cuatrimestre.


Dani  de 1º ESO B fixo no taller de lingua  castelá un conto que creo que vos vai sorprender tanto polo coñecemento do tema como pola sua imaxinación
En atención educativa gracias o seu traballo de publicidade aprendeu a traballar con power point e co photoshop, así que os obxetivos están máis que alcanzados.

Carla, David e Miguel de 2º ESO A traballaron un conto no taller de Lingua Galega ca intención de envialo o próximo concurso da antiga caixanova. O conto tiña que falar dun tema de actualidade social. Ainda queda moito traballo que facer xa que nos costou coller o fio do tema e tamén porque eu, a mestra encargada da tarefa, estiven mala e non acudín a algunhas sesións.
Pola contra en atención educativa fixemos algunha foto estacional  e  fixemos unha camara de foto cunha caixa de zapatos e ¿sabedes? funcionou vimos coma se ven as imaxes invertidas na caixa.

Dani e Xurxo de 4º ESO C en atención educativa tamén están ca fotografía tamén fixeron a cámara de fotos ca caixa de fotos e saimos a facer fotografías o parque do Barbaña.
No taller de lingua Galega fixemos cousas coma: Ampliar contidos sobre literatura, facer preguntas que o outro tiña que contestar, ou dar diferente vocabulario que eles tiveron que buscar a sua definición e logo facer un texto cas palabras que pouco tiñan que ver entre elas( non se rematou).

Os mércores a tarde traballamos co blog e co que será o noso trivial, fumos a ver coma funciona " la región", fixemos a postal de nadal para entregar no concurso don IES e tamén rematamos actividades da maña. O máis importante  e destacable é o bo ambiente



Día da paz 2013

Boas a todos¡¡¡¡

 Hoxe  e 30 de xaneiro e hoxe celebrase o día da paz e a non violencia
¿ Que significado ten para vos isto?