BENVIDOS


" O novo reto é unha educación de calidade onde o neno non teña que traballar máis senón facelo de forma distinta"

lunes, 27 de mayo de 2013

Fin do segundo cuatrimestre

As horas de atención educativa, igual que a dos mércores a tarde, foron dedicadas na sua totalidade a o lipdub.

1ºB Dani fixo a primeira parte do taller de matemáticas do programa de altas. Téñolle que dar a enhoraboa porque deu resposta ao enigma de einstein en menos de trinta minutos, resolveu tangran complicados e  outros enigmas matemáticos, ademais de xogos lóxico - matemáticos. Do libro "cuentos y matemáticas" fixemos " Manuel el arriero" .

 Con 2ºA  rematamos a primeira parte do taller de matemáticas, entre os diferentes enigmas estaba o de einstein e tamen fixemos xogos matemáticos e comezamos co "Diablo dos números".

No taller de lingua castelá decidín que lésemos " Cuando Hitler robó el conejo rosa" e logo fixeran un prólogo sobre o nacismo, fumos lentos na lectura e iso fixo que o prólogo non esté o traballado que desexaba. Felicito a Carla porque foi a máis predisposta na tarefa.

4ºESO C estivemos facendo un lim no taller de informatica e traballando con diferentes programas de montaxes de video.

Moitas gracias polo voso traballo

Fin do taller de audiovisuais

O Mércores  vintenove de maio do 2013 daremos por rematado o taller de audiovisuais.

Ainda que o comezo do taller tiñamos como fin facer un LIPDUB o final será unha montaxe.

A todos os grupos que participaron moitas gracias polo voso esforzo, sobre todo os de 2º de Bach que estaban en plena recta final cos exames.As vosas coreos foron incribles, xeniais pero os problemas técnicos foron o noso peor enemigo.

Próximamente publicarémolo video, Estamos intentando facer que a montaxe  faga xustiza a todo o voso traballo.

Saudos