BENVIDOS


" O novo reto é unha educación de calidade onde o neno non teña que traballar máis senón facelo de forma distinta"

miércoles, 14 de diciembre de 2011

FELICES FESTAS

Boas¡¡¡ Quérovos desexar a todos un FELIZ NADAL  e un  PRÓSPERO ANO NOVO 2012.

Confío en que, no novo ano, sigades traballando tanto como neste e que os resultados cada vez sexan mellores e sexan do agrado de todos.

Un bico moi forte para cada un de vos

viernes, 9 de diciembre de 2011

O que fago nas clases de sociais

Todos os martes, na clase de sociais,  eu máis Dani e Iago, imos a unha clase  cunha profesora que nos conta cousas sobre a historia da arte e expón cadros e esculturas con diapositivas.
É unha clase moi divertida.

O que fago nas clases de Sociais

Nas clases de sociais soemos ver presentacións, e ao principio da clase repasamos o dos días anteriores e engadimos algo máis ás nosas libretas.

Nos últimos días falamos de Mesopotamia, engadindo datos os nosos cadernos, posteriormente vemos algunha presentación sobre a arte do tema do día. Mentras vemos as imáxenes  a profesora explícanos como se observan ben as representacións artísticas da pantalla e nos imos anotando.

A miña frase

''Se todos os dereitos son reservados, ¿son todos os zurdos moi faladores?''.

Anonimo

Frase 2

"É duro fracasar en algo, pero é moito peor non habelo intentado."

Anónimo.


Frase

"Se choras por haber perdido o sol as  bágoas no che permitirán ver as estrelas."
 
Anónimo


Galicia gastará máis na lotería de Nadal a pesar da crise

Cada galego gasta unha media de 70€ na lotería de Nadal, un 5% máis ca o ano pasado.
Esta é unha forma de sair da crise, ainda que é casi imposible que toque a lotería, ademais din que este gordo de 720 millóns de euros serán os máis difíciles de conseguir da historia.

Masacre en Afganistán

En Afganistán morren sesenta e duas persoas por causa de duas bombas activadas por dous suicidas que se colaron entre a multitud nun santuario da comunidade de Chií. A organizacion encargada dos ataques era unha organización sectaria paquistaní.

Curiosity

Fai uns días ,o robot todoterreno "curiosity" está percorrendo o cráter marciano Gale, en Marte, có fin de buscar vida. O lugar foi seleccionado tras un longo período de 5 anos por 150 científicos.

jueves, 1 de diciembre de 2011

Frase 2

''Todos buscan traballo,e cando o atopan,queren outro.''

Anónimo.

Presentación xurxo

Ola chámome Xurxo e son un neno de 3º  ESO C do Instituto do Couto. Teño diversas aficións coma tocar o piano.
Neste blog expresarei as miñas ideas e dareivos información sobre as actividades que fago nestas clases.

domingo, 27 de noviembre de 2011

NOTICIAS

Un novo centro comercial será contruido en Santiago proporcionando así moitos postos de traballo para os obreiro (3500 aproximadamente) e para cando esté rematado (1500).


Este novo centro comercial tardará en contruirse entre 3 e 4 anos, e proporcionará moitos ingresos xa que é moi grande.


Debatimos sobre o tema e a Miguel non lle gustou moito a idea, xa que din que os primeiros días será un "BOOM" pero logo quedará cerrado como os demais comercios, e os obreiros que traballan quedarán en paro cando terminen o edificio.


Eu penso que non cerrarán o comercio, ya que é un gran comercio e que vai ter moitas cosas, e sobre os obreiros eu penso que se non se construira, seguirían estando en paro, e polo menos, estaran con traballo 3 ou 4 anos.
Holaa! chamome Santiago e tamén, xunto cos meus compañeiros, do grupo de altas capacidades do IES O Couto,Podédesme chamar Iago, son de 3ºC, e teño diversas aficcións, desde a música ata o deporte.


Teño moita imaxinación, e espero que o que publique séxavos interesante, pois intentarei non ser un aburrido. A ilusión miña neste proxecto é , cara fin de curso, lograr crear unha frase como se fora un filósofo. Teño bastantes expentativas neste proxecto, aínda que ás veces sexa moi aburrido.




"Todo o que se pode comprar con diñeiro é barato"
ÚLTIMAS NOTICIAS DEPORTIVAS: 


              Como supoño que sabedes gustame moito os deportes, en particular o tenis, para min é o mellor e o deporte máis completo .






 SECCIÓNS:

TenisO gran Roger Federer batiu con moita facilidade ao español Rafa Nadal. Rafa non atopou o seu mellor xogo, e con esta derrota vese obrigado a gañar o seguinte partido contra Tsonga, que ven de gañar ao estadounidense Mardy Fish.
24-11-11
Por unha vez, os tenistas españois dannos outra alegría. David Ferrer inspirouse para gañar ao número 1 do mundo: Djokovic. agora mesmo, o español xa está clasificado para as semifinais.
7-12-11
Djokovic bate o record de ganancias de Nadal, aínda este gañando recentemente a Copa Daves.

Fórmula 1: Kubica non poderá empezar a seguinte temporada.
7-12-11:
Neste ano fíxose a récord de adiantamentos.

Fútbol:

SELECCIÓN: España sigue líder mundial.
LIGA BBVA: Este fin de semana xógase o gran derbi madridista.
7-12-11
Xógase este finde o clásico.
CHAMPIONS: O Madrid aplasta ao Dinamo de Zabreb e xa leva 13 victorias consecutivas.
O valencia queda eliminado tras perder contra o chelsea 3-1.

Baloncesto: Onte Navarro renovou co Barça.
Deron Williams anota 50 puntos nun partido.

Frases

Millons de persoas viron unha mazá caer, pero Newton foi o único que se preguntou porqué.


Polo tanto, intenta ver as cousas desde un punto de vista diferente, e encontrarás algo que aprender.

O taller de fisica e quimica

No taller de física e química estamos a facer experimentos onde aprendemos a ultilizar os diversos utensilios do laboratorio.

Tamén facemos uns problemas onde temos que pensar e onde se aprenden cousas novas.


Por exemplo: " Na terra, un quilo de palla e un quilo de promo, o que máis pesaría é a palla porque está dispersa, e polo tanto, hai aire nos seus ocos"

A miña presentación

Ola! Bos días a todos. Hoxe  presentome. Son Daniel Garvi Costa e curso no 3º ESO C. Gustaríame que todos disfrutasedes cas miñas publicacións e deséxovos que gozedes con este blog

viernes, 18 de noviembre de 2011

Frase

''A imaxinación é o importante, a intelixencia e secundaria''

magosto 2011 Centro Deportivo Couto

Bos días!
Como é comun o día do San Martiño, moita xente foi facer magostos.
Nos, alguns dos integrantes do Centro Deportivo Couto,tamen fixemos un magosto.
Foi no local social de Xunqueira de Ambia na provincia de Ourense.
Quedamos ás 12:30 no ximnasio,e saimos cara ali.
Ó chegar como chovía quedamos no interior do local e xogamos:
  • Ó billar.
  • Ó "pictionary".
  • Ó "party and co.".
De comida tivemos:
  • Empanada.
  • Churrasco con chourizos.
  • Tarta,biscoito etc.
Todo estaba delicioso.
Despois de comer pasamos a tarde xogando :
  • Futbol.
  • Xogos de mesa.
  • Bailando.
  • Cantando co karaoke(os pais).
Tamen fixemos:
  • Churrasco con chourizos.
  • Castañas(quemadas por unha cara e cruas polas otra).
  • Chocolate con churros.
E ás 23:00 horas volvimos para casa.
Pasamolo xenial.

Adeus,e moitas grazas pola vosa atención



A xunta busca socios para un interesante proxecto

A Xunta de Galicia e a Deputación están a buscar socios, que invirtan a cantidade de 6 millóns de euros para levar a cabo un proxecto proposto pola empresa Xero que consiste en crear unha planta de creación de coches eléctricos, coméntase que as instalacións para levar a cabo este proxecto poderían ser instaladas no Parque Tecnolóxico de Galicia ou no municipio ourensán de Melón.

Tras a exposición desta noticia na clase fixemos un debate, tendo en conta os pros e os contras que esta iniciativa podia ter,  só unha persoa estaba dacordo ca creación desta empresa, os demais debatintes poñían como excusa o alto investimento a facer e o prezo de saida deste coche eléctrico pero non tiveron en conta para nada a inexistente contaminacion producida por este coche, o número de traballos que a cadea de creación de coches crearía etc...

lunes, 7 de noviembre de 2011

Continuan os terremotos no Ferro

Continuan os  movementos sísmicos ao redor da Illa do Ferro e tamen segue a estarse emitindo gran cantidade de magma en erupcións subacuáticas que ensucian o mar de cinzas e outros elementos procedentes do magma do volcán. A Illa xa tivo que ser evacuada unha vez e podría haber que evacuala de novo unha segunda vez.
A miña opinión sobre esta noticia e que me parece interesante a repercusión que teñen estas erupcións acuáticas a nivel da terra da illa, tamen me parece que poden ter un punto positivo porque permiten a investigación de materiales obtidos destas erupcións.

Minuto de ruído en honor a Marco Simoncelli

O pai do piloto italiano, Marco Simoncelli, morto na carreira de Moto Gp de fai duas fines de semana, pide que o piloto sea homenaxeado cun minuto de ruído no circuíto de Valencia dicindo "que asi sería como lle gustaría a él que fose".
A min paréceme que o pai deste piloto esta a tomar desisións pouco correctas tras o accidente sufrido. Que non se esta respetando tanto como se debería ao piloto, por parte da xente do seu gremio.  O seu equipo prometera non correr na vindeira carreira pero finalmente decidiuse por si correr a carreira de Valencia.

Grecia, unha crise mundial

Hola! esta semana, máis precisamente o mércores estivemos buscando información sobre unha nova moi importante "A crise grega"
Tras informarme, dos datos pertinentes, sobre esta nova, en diferentes xornais e nos informativos cheguei a dúas conclusións:
1-O problema grego pode destruir o euro.
2-A decisión dun referendum no foi ben acollida nin polos gregos, nin polos integrantes da UE en xeral.
Agora mostrareivos como trataron este asunto os diferentes medios de comunicación:
  • El país: centrase máis no ambito economíco resaltando a posibilidade de desaparición do euro.
  • La región: nun artigo resumido de media páxina tratan de que descendeu a bolsa europea e que piden a dimisión de Papandreu.
  • La voz de Galicia: como no xorna l"El país" centranse nos problemas económicos indicando que a prima de risco subiu a niveis críticos en toda europa batindo o anterior record.
  • Informativo de RTVE: é o único que se centra na opinión sobre o referendum destacando que os líderes políticos de Alemania e Francia (Angela Merkel e Nicolás Sarkozi respectivamente) encóntranse indignados coa idea do referendum que non entraba dentro do plan de axuda económica polo que o ameazan con deixalo sen axudas ou expulsalo do euro                                                                           
  • E ista foi toda a miña aportación polo momento moitas grazas pola vosa atención adeus!

    jueves, 3 de noviembre de 2011

    Referéndum grego

    O primer ministro grego, Papandreu, xoga coa UE e co euro, ou ¡iso e o que parece! tras convocar primeiro un referendum para saber a opinión popular sobre o  plan de rescate da UE e logo retirao, para negociar un goberno de unidade nacional e non opoñerse a o plan de rescate da Unión Europea que tan só lle pedia que devólvese a metade do crédito prestado.
    A miña opinión sobre este artigo e que o ministro grego se equivocou ao intentar eliminar ao euro da UE e non querer devolver as axudas prestadas pola Union Europea.

    Busca un pouquiño máis de información. pero si que colleches a idea da actualidade

    miércoles, 2 de noviembre de 2011

    Presentación

    ¡Hola! Son Andrés Freijeiro Cruz e estou estudando en 4º da E.S.O no I.E.S O couto.
    Neste blog publicarei as miñas ideas e os proxectos que farei ao largo do curso.
    Espero que vos sexan de moita axuda ou polo menos vos sirva para informarvos.
    Hola,eu son Luis Rodríguez e estou estudando 4º da Eso no Ies O Couto. Farei o posible para publicar todas as actividades que fagamos nos diversos talleres, como o de Física eQuímica, ou outras moitas actividades interesantes.
    Farémolo o máis divertido posible pero a cambio....... ¡¡¡¡¡tendes que seguirnos¡¡¡¡

    viernes, 28 de octubre de 2011

    jueves, 27 de octubre de 2011

    Presentación

    Bos días,eu son David,vou en 1º da E.S.O. no I.E.S. O Couto e espero que a información que aporte para este blog(Intelixencia No Peto) sexa de utilidade.
    Tratarei de meter as miñas ideas máis prestixiosas,que poidan permitir que o blog avance.