BENVIDOS


" O novo reto é unha educación de calidade onde o neno non teña que traballar máis senón facelo de forma distinta"

jueves, 31 de enero de 2013

Entroido 2013

O próximo venres, oito de Febreiro celebrarase o entroido no noso instituto. Deséxovos que todos o disfrutedes
Se  tendes algunha foto ou comentario sobre o entroido non dudes en compartilo con nos.
BO ENTROIDO¡¡¡¡

Día da paz 2013

Onte fixen unha proposta a algúns dos vosos mestres, que vos pediran que escribirades frases sobre a paz.
Aquí van algunhas delas
¡ gracias os mestres e alumnos/as que colaboraron¡

1º A2 Paula Diaz Barreiro escribiu

Este día especial,                                          se queres conquistar
servenos para recordar                                  un lugar
que na guerra                                                 faino con
non hai vencedor                                                 PAZ
só hai perdedor                                               non con guerra

Só recordar,
decirlle ao militar
que se meta na pel
dos mortos en Arxel
nenos e nenas,
que non vivirán máis

Neste día,
recorda que,
cando a bomba
mata,
o mundo chora

miércoles, 30 de enero de 2013

1º cuatrimestre curso 2012-2013

Boas¡¡

Finaliza o primeiro cuatrimestre. Próximamente podernase ver as tarefas de este cuatrimestre.


Dani  de 1º ESO B fixo no taller de lingua  castelá un conto que creo que vos vai sorprender tanto polo coñecemento do tema como pola sua imaxinación
En atención educativa gracias o seu traballo de publicidade aprendeu a traballar con power point e co photoshop, así que os obxetivos están máis que alcanzados.

Carla, David e Miguel de 2º ESO A traballaron un conto no taller de Lingua Galega ca intención de envialo o próximo concurso da antiga caixanova. O conto tiña que falar dun tema de actualidade social. Ainda queda moito traballo que facer xa que nos costou coller o fio do tema e tamén porque eu, a mestra encargada da tarefa, estiven mala e non acudín a algunhas sesións.
Pola contra en atención educativa fixemos algunha foto estacional  e  fixemos unha camara de foto cunha caixa de zapatos e ¿sabedes? funcionou vimos coma se ven as imaxes invertidas na caixa.

Dani e Xurxo de 4º ESO C en atención educativa tamén están ca fotografía tamén fixeron a cámara de fotos ca caixa de fotos e saimos a facer fotografías o parque do Barbaña.
No taller de lingua Galega fixemos cousas coma: Ampliar contidos sobre literatura, facer preguntas que o outro tiña que contestar, ou dar diferente vocabulario que eles tiveron que buscar a sua definición e logo facer un texto cas palabras que pouco tiñan que ver entre elas( non se rematou).

Os mércores a tarde traballamos co blog e co que será o noso trivial, fumos a ver coma funciona " la región", fixemos a postal de nadal para entregar no concurso don IES e tamén rematamos actividades da maña. O máis importante  e destacable é o bo ambiente



Día da paz 2013

Boas a todos¡¡¡¡

 Hoxe  e 30 de xaneiro e hoxe celebrase o día da paz e a non violencia
¿ Que significado ten para vos isto?