BENVIDOS


" O novo reto é unha educación de calidade onde o neno non teña que traballar máis senón facelo de forma distinta"

lunes, 26 de marzo de 2012

Fisica e química do 1º trimestre.

Rematou o trimestre e con isto as clases de física e química no laboratorio nas que aprendimos cousas moi interesantes que a simple vista parecen ser outra cousa diferente como por exemplo:
Se vas viaxando nun coche a 100 km/h e te tiras que ocorrerá?
-Pode ser que cando impactes contra o chan vaias hacia atras e caias para atrás.
-Pode ser que quedes de pe no sitio.
-Pode ser que que ao impactar co chan caias hacia adiante.

Pois ben a resposta correcta é a terceira xa que a inercia nos leva cara adiante.

Pero agora vamos a cambiar o problema, e si unha mosca viaxa nun autobús permanecendo no aire e este da un freazo?

-Pode ser que a mosca permaneza no sitio xa que ao non estar en contacto co autobús non se ve influida polo freazo do bus.
-Pode ser que como o bus se frena esta se empotre contra o a luna dianteira do bus.
-Pode ser que permanezca quieta nun sitio concreto.

Pois a resposta e a segunda opción xa que a mosca termina contra o cristal, este tipo de explicacións poden parecer unha tonteria pero cando estan respaldas por unha teoría física fánse máis interesantes.

No apartado de química fixemos diversas prácticas muy interesantes do tipo de pipetear e buretear que foron divertidas....

O profesor tamén deu moitas máis explicacións científicas deste tipo polo que as clases de Física e química estiveron moi divertidas

viernes, 23 de marzo de 2012

A crise europea segue en Grecia

As bolsas de España e Italia seguen caendo ata alcanzar cifras críticas e as primas de risco disparanse polo comunicado de crear un referéndum en Grecia sobre as axudas polo ministro grego Papandreu. A decisión de Papandreu pode levar á caída de Grecia no sistema euro, a rebaixar o valor deste e a desestabilizar o proxecto europeo. Despois das caídas de Grecia e Portugal, as seguintes en caer serán Italia e España. A única solución a este problema é que o Banco Central Europeo compre a deuda pública. Opino que a crisis europea vai continuar e vaise a facer maior se non se impoñen medidas drásticas, e que, entonces, o euro desaparecería xunto co seu sistema. Creo que nestos momentos Europa estase desestabilizando e a crisis económica aumenta por momentos. Pronto a economía española e a de toda europa derrumbarase e se terá que obter axudas doutros sistemas económicos rebaixando o poder económico da Unión Europea.

Fontes: El mundo, La Región, La voz de Galicia, Canal 24h.

jueves, 15 de marzo de 2012

Exposición: " AUGA, O SANGUE DA TERRA "

Onte fixemos unha visita ó Centro Social Novacaixagalicia, que se atopa na Plaza Mayor, para disfrutar dunha exposición que ten como obxetivo concienciar a poboación sobre a importancia do uso racional e responsable deste recurso escaso pero imprescindible para a nosa vida.
"Auga, o sangue da terra", reúne 80 instantáneas tomadas polo fotógrfo galego Manuel Varcárcel, no seu percorrido polos cinco continentes; América, Europa, Asia, Africa e Oceanía. Nelas inmortaliza " a importancia da auga, a súa relación co home e o problema da escasez."


O material fotográfico complétase co son e a música de Alejandro González, as imaxes do realizador Antón Atrio e a aportación científica de Augusto Pérez Alberti, catedrático de Xeografía Física da Universidade de Santiago de Compostela. Todo isto atópase recollido nun emocionante video que se pode visionar nun recuncho da sala.


As instantáneas distribúense en tres bloques:


* "Os estados da auga". Recolle fotografías tomadas en Nueva Zelanda e Galicia, nas que se mostran os estados do auga.


* "A auga e a vida". Sitúa a mirada sobre Asia (India e China), onde a auga está relacionada coa vida espiritual da poboación e convértese en lugar de peregrinacións.


* "Vivindo na escasez". Ocúpase da ausencia da auga en Africa (Mali) e tamén en América(Deserto de Atacama-Chile).