BENVIDOS


" O novo reto é unha educación de calidade onde o neno non teña que traballar máis senón facelo de forma distinta"

jueves, 15 de marzo de 2012

Exposición: " AUGA, O SANGUE DA TERRA "

Onte fixemos unha visita ó Centro Social Novacaixagalicia, que se atopa na Plaza Mayor, para disfrutar dunha exposición que ten como obxetivo concienciar a poboación sobre a importancia do uso racional e responsable deste recurso escaso pero imprescindible para a nosa vida.
"Auga, o sangue da terra", reúne 80 instantáneas tomadas polo fotógrfo galego Manuel Varcárcel, no seu percorrido polos cinco continentes; América, Europa, Asia, Africa e Oceanía. Nelas inmortaliza " a importancia da auga, a súa relación co home e o problema da escasez."


O material fotográfico complétase co son e a música de Alejandro González, as imaxes do realizador Antón Atrio e a aportación científica de Augusto Pérez Alberti, catedrático de Xeografía Física da Universidade de Santiago de Compostela. Todo isto atópase recollido nun emocionante video que se pode visionar nun recuncho da sala.


As instantáneas distribúense en tres bloques:


* "Os estados da auga". Recolle fotografías tomadas en Nueva Zelanda e Galicia, nas que se mostran os estados do auga.


* "A auga e a vida". Sitúa a mirada sobre Asia (India e China), onde a auga está relacionada coa vida espiritual da poboación e convértese en lugar de peregrinacións.


* "Vivindo na escasez". Ocúpase da ausencia da auga en Africa (Mali) e tamén en América(Deserto de Atacama-Chile).

3 comentarios:

  1. O resultado da nosa saída, o mércores, foi o disfrute dunha exposición moi interesante na que todo o contido, en xeral, era fabuloso.
    As fotografías...impactantes,realmente impresonantes.
    O video... emocionante,fabuloso.
    A música...envolvente
    Por iso,anímovos a todos a que a visitedes e, sobre todo, a que todos nos conciencemos do gravísimo problema da escasez da auga que está a percorrer o noso planeta. ´
    Creo que, cada un de nós, pode aportar un graniño de area para contribuir a un consumo máis responsable da auga, xa que, sin ela, non poderíamos vivir.

    ResponderEliminar
  2. A min pareceume bastante importante esta exposición da auga porque moita xente tira lixo á auga, malgástaa e moitas cousas máis,pero despois de vela,cambias de idea.A auga é escasa,débela coidar.Ademais, a auga está irregularmente distribuída: nos ríos hai moitísima auga, mentres que nos desertos escasea. Eu vou aportar o meu graniño de area para un consumo máis responsable da auga, e anímoche a ti tamén.

    ResponderEliminar
  3. A min a excursión gustoume moito por separado e en conxunto. As fotografías eran incribles xa que algunhas ata parecían en 3D e, outras, parecian cadros.
    Grazas á excursión puiden observar o auga en todo o seu esplendor e ver máis ala da auga da billa ou a do río Miño.
    Persoalmente gustoume moito

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.