BENVIDOS


" O novo reto é unha educación de calidade onde o neno non teña que traballar máis senón facelo de forma distinta"

miércoles, 16 de mayo de 2012

Carta ó director


Infraestructuras públicas

Hoxe, diríxome ao concelleiro de urbanismo para reclamarlle as poucas infraestructuras urbanas que hai na nosa cidade e o mal estado de algunhas delas. Exemplo disto observámolos cando nos comparamos con outras cidades de esta mesma Comunidade Autónoma como son A Coruña ou a mesma Pontevedra.

Infraestructuras como os diferentes postos de bicicletas que hai na cidade, os cales se encontran a gran mayoría en mal estado. Unha das ideas para solucionar o problema é realizar un lugar cuberto onde as bicicletas non estén soportando as condicións climáticas que son un dos factores polo que se deterioran.

Para respaldar esta carta explícovos un exemplo, que lle sucedeu a unha veciña de Ourense ,  que mentres paseaba polo camiño colindante ao río sufriu un acidente debido ao mal estado dos frenos da bicicleta e ademáis o camiño especificado non se encontraba valado co cal era fácil caer ao río.

Outra queixa, vai dirixida a falta de infraestructuras públicas no barrio de Vistahermosa, infraestructuras públicas como son as piscinas públicas, parques ou zonas deportivas, que as que hai son privadas e só se poden utilizar reservándoas para adestramentos, polo que si non tes un equipo de fútbol non podes aceder a o seu uso.



1 comentario:

  1. Así se fai ti segue loitando para que fagan algo de proveito en Vistahermosa que a teñen esquecida

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.