BENVIDOS


" O novo reto é unha educación de calidade onde o neno non teña que traballar máis senón facelo de forma distinta"

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Postales de navidad

Boas¡¡¡

Os mércores 14 de Novembro do 2012 e mércores 21 de novembro do 2012 dedicarémonos, pola tarde, a facer unha postal navideña.
Ánimo e quero ver a vosa creatividade en pleno apoxeo.

Recordade traer diferentes elementos navideños, diferentes telas e papeis para axudarnos no nosos proxecto

¡¡¡ TRABALLEMOS ESA CREATIVIDADE¡¡¡¡

Moitas gracias

3 comentarios:

  1. Eu só viñen o segundo día pero nese día fixen unha postal-collage sobre Santa Claus sobre unha nube e cun saco de regalos, un gran copo de neve e a mensaxe ¡Bo Nadal!

    Os materiais que usei foron:
    Santa Claus-madera
    Nube-algodón
    Copo de neve tamaño extra grande-fieltro rojo
    Subliñado e boliñas-papel de seda

    ResponderEliminar
  2. A min gustoume a actividade das postais, pero non puiden entregala porque pensaba que o concurso remataba o día 24, e non, non remataba o 24, remataba o 26.
    Usei un papel de fondo azul, e debuxei unha árbore de Nadal, unha cheminea e unha grinalda con estampacións cruzando a postal.
    Pasámolo moi be facéndola.

    ResponderEliminar
  3. A miña postal foi un desastre, probablemente foi polo pouco tempo que lle puiden empregar.
    Empecei debuxando unha árbore de Nadal, fíxenlle unha decoración creativa, compensando o mal que a dibuxei; dínlle diversas cores co intento de deixala vistosa ao rematar.
    O problema daquilo é que fixen a árbore moi pequena en comparación co tamaño da postal, e as cores que empreguei foron moi escuras e quitáronlle algo de vitalidade ao debuxo.
    Coma tampouco sei debuxar moi ben, os decorativos da árbore saíronme mal, así que a árbore en totalidade quedoume dun aspecto inadecuado para unha postal decente.
    Despois, para encher o espazo que quedou baleiro na outra beira da postal, fixen unha coroa de follas amarelas cun laciño vermello para adornar.
    As cores tamén eran apagadas, e saíume mal o diseño da coroa, coma a outra árbore.
    O desastre que fixen coa postal proviño de que me esquecera de face-la postal durante o fin de semana, e tiña que entregala o Luns pola tarde.
    Ao terminar as clases da mañá, púxenme a facela a toda présa e terminou fatal, a miña profesora de tecnoloxía púxome de nota da postal un 2.
    A partir de agora, terei máis coidado coas postais que vaia facer.
    A idea de facer unha postal para a festa do Nadal paréceme interesante, mais non o feito de ser obligatorio facer unha.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.