BENVIDOS


" O novo reto é unha educación de calidade onde o neno non teña que traballar máis senón facelo de forma distinta"

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Saidas

Boas¡¡¡

O mércores 7 de novembro fumos a " La Región",
Espero os vosos comentarios sobre a nosa visita que para min foi moi interesante.
Próximamente subirei fotos de dita visita

DESEXO E CONFÍO QUE VOS GUSTASE DITA VISITA







4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. A visita a "La Región" foi moi interesante. O que máis me gustou foi que usaban unha impresora da década dos 70.
    Tamén gustoume que primeiro imprimían catro páxinas nunha prancha de aceiro e despois usábana como molde para facer o xornal.
    Os xornalistas chegaban a partir das cinco da tarde a traballar alí no departamento.
    O departamento de publicidade estaba na porta para que as empresas se se queren anunciar no periódico non teñen que entrar no medio e revolverlle toda a nave.
    A impresión do xornal realízase ás dúas da mañá, polo que non puidemos ver como se imprimía o periódico.

    ResponderEliminar
  3. A min a visita gustoume pero agardaba algo máis
    interesante xa que me pareceu algo moi previsible.
    Ainda que non me interesou moito o que máis me chamou a atención foi que só usan catro cores:azul, vermello, amarelo e negro.
    O que me resultou máis novo foi o uso dunhas pranchas de aceiro para comezar a imprimir o periódico.

    ResponderEliminar
  4. A visita a La Región resultoume moi interesante, aínda que me sorprendeu que un xornal tivese que pasar por tantos lugares, tantas máquinas para poder chegar a ser un exemplar.
    Sorprendeume a cantidade descomunal de papel que se precisa para tantos xornais ao día, tamén a tinta, precísase moita para cada cor.
    O traballo de xornalista paréceme divertido, ir buscar información pola cidade e facer unha redacción sobre os datos dos que dispoñes, non só divertido, senón tamén entretido.
    A visita en sí estivo ben, aprendín sobre onde e cando vai a publicidade e as noticias.
    Os traballadores non cobran moito dinero, polo que non me interesa ser xornalista cando sea maior, mais segue sendo un traballo importante e informativo.
    Ao final da visita, déronnos agasallos! Un exemplar do xornal do día e outra bolsa cunha sorpresa dentro.
    A tinta dun xornal tense que deixar secar, unha vez rouza unha prenda de roupa, a tinta non sae de ningunha maneira!
    Se colles os xornais instantáneamente cando terminan o seu proceso, aínda non solidificou a tinta, e pódeste manchar, o cal decepcionoume xa que cría que nalgunha parte do proceso deixaríase a tinta sometida a algún estilo de secado rápido para poder saíren totalmente secos todos os exemplares.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.